«Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera
(…)
As de Muros, tan finiñas,
que un coidara que se creban,
c’aquelas caras de virxe,
c’aqueles ollos de almendra,
c’aqueles cabelos longos
xuntados en longas trenzas
(…)
As de Camariñas visten
cal rapaciñas gaiteiras,
saias de vivos colores
polo pescozo da perna,
lucindo o negro zapato
enriba de branca media
(…)
As de Cé, ¡Virxe do Carme!,
¡que cariñas tan ben feitas!
Cando están coloradiñas
no ruxe-ruxe da festa,
cada mirar dos seus ollos
fire como cen saetas
(…)
As de Noia ben se axuntan
cas graciosas rianxeiras,
polos redondos peíños,
polas cabeleiras crechas,
polos morenos lunares
e polas agudas lenguas
(…)
Rosalía de Castro
DE CASTRO, ROSALÍA: Cantares Gallegos, Nosa Señora da Barca
______________________________________________________
Información de Contexto: Feijóo rebautiza la gran obra de Rosalía de Castro como «Poemas Gallegos»